‘Contamos cunha lista renovada coa que gañaremos as eleccións’

    domingo_tabuyo copia.jpgCAMBADOS> Deste xeito cualificou o cabeza de lista, Domingo Tabuyo, a candidatura do PSOE para as vindeiras municipais.

    {flowplayer}images/salnes/PSOE_CAMBADOS.flv{/flowplayer}

    A Asemblea local do Partido Socialista en Cambados ven de aprobar a candidatura coa que concorrerán ós vindeiros comicios do 22 de maio. Unha lista moi renovada e con presenza de xente moza. Así cualificou o seu líder a candidatura deste ano.

    Sinalou, ademais, que dos dez primeiros postos, sete sn novos con respecto á lista das pasadas municipais e seis están por primeira vez en política. Representa tamén di a tódolos sectores económicos e cun elevado nivel de formación.

    Con esta lista que foi configurado o pasado venres coa axuda da militancia, o partido socialista en Cambados ten un obxectivo moi claro que é gañalas eleccións.

    Tabuyo confían en que o 22 de maio sexan os socialistas os que acaden o goberno local. Lembra que no 2007 xa estiveron preto de acadalo seu reto.

    A finalidade última, sinala é facer de cambados o cambados de todos outra política diferente potenciar o pobo cara o futuro.

    Redacción Salnés