Os cativos de O Tombo celebran o día dos namorados

    san_valentincopy.jpgSANXENXO> Os nenos desta gardería aprenderon o significado do amor entre pais e irmáns a través de xogos e talleres.

    {flowplayer}images/salnes/SAN_VALENTIN_TOMBO.flv{/flowplayer}

    Esta mañá os cativos da escola infantil O Tombo, en Sanxenxo volvéronnos acoller, nesta ocasión para coñecer como celebraban o día dos namorados.

    Para iso, todos coa indumentaria que demanda este día, vestidos de vermello, aprenderon a través de xogos e talleres o significado do amor entre pais e irmáns. Un día especial no que houbo bicos e caricias para tódolos.

    Unha día especial, tal e coma nolo relataba a directora da gardería, Susana González, ó que chamaron ‘Día de canto nos queremos’. Por iso, non só gozaron os nenos senón tamén os profesores.

    Algúns mesmo aproveitaron a ocasión para mandarlle un bico ós seus pais e avós.

    E coma non podía ser menos, estes cativos despedíronse mandando un bico a tódolos telespectadores de canal rías baixas.

    Redacción Salnés