Un veciño de Meis fai un chamamento á doazón de medula: ‘un pequeno xesto salva moitas vidas’

MEIS> Un veciño de Meis afectado con leucemia fai un chamamento á veciñanza para colaborar na doazón de medula. Segundo explica, o proceso é moi sinxelo e pode axudar a salvar moitas vidas. Ademais a medula recupérase totalmente sen deixar secuelas no doante, o que permite que cada ano se poidan facer máis doazóns de medula que de sangue.

Cada ano arredor de 5 mil persoas son diagnosticadas con leucemia en España. Unha enfermidade que pode ter cura a grazas á doazón de medula. Nesta situación atópase un veciño de Meis, que nun control rutineiro da súa empresa, e sen ter ningún síntoma, descubriu que a padecía.

A enfermidade pode afectarlle a calquera persoa, por iso pide á veciñanza que se sumen á doazón de medula.

As persoas interesadas en doar deben facer unha proba para saber se son compatibles no hospital provincial de Pontevedra ou no centro de Transfusión de Galicia no Campus Universitario de Santiago. A doazón da medula faise dunha forma sinxela e se deixar secuelas no doante.

De feito cada ano pódese doar máis veces medula que sangue.

A doazón de medula é moi necesaria xa que para que para poder facer o transplante necesítase un 90% de compatibilidade.

Tras recibir varios tratamentos, Ángel acaba de atopar un doante compatible. A primeira semana de xullo terá lugar a operación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí