A Asociación Parkinson Galicia Bueu abrirá unha sé en Vilagarcía

    parkinson copia100.jpgVILAGARCÍA> No acto celebrado esta tarde, os asistentes resaltaron a importancia desta enfermidade.

    {flowplayer}images/salnes/NOVA_DELEGACION_ASOCIACION_PARKINSON.flv{/flowplayer}

    Prestar un servizo directo ás familias é o obxectivo fundamental que cubrirá a nova delegación da Asociación Parkinson Galicia Bueu en Vilagarcía. Na comarca existen ó redor de 300 persoas diagnosticadas con esta enfermidade; unhas cifras que fan necesario que esta patoloxía sexa coñecida na sociedade.

    Pola súa banda, o alcalde en funcións, Castro Ratón, ofreceu o apoio do concello para a constitución desta nova delegación. Unha intervención na que chamou á colaboración das familias.

    O acto de presentación culminou cunha charla do doutor Manuel Seijo sobre a enfermidade, especialista en neuroloxía do Hospital do Salnés.

    Redacción Salnés