Cambados respalda a Sara Aguado na loita contra a transfobia.

CAMBADOS> Sara Aguado e o concello de Cambados continuarán colaborando para loitar polo respecto e a igualdade de todas as persoas. A muller, vítima de insultos homófobos mentres realizaba o seu traballo de varredora, foi apoiada por máis de 200 persoas nunha manifestación en contra da transfobia.

O concello de Cambados mobilizouse para loitar contra a transfobia. A manifestación convocada para apoiar a Sara Aguado contou con máis de 200 persoas. A propia Sara móstrase sorprendida por tanta apoio. Asegura que o obxectivo é loitar pola igualdade de todas as persoas.

Sara é varredora, e despois de negarse a varrer a terraza dun bar, uns homes comezaron a insultala durante días tanto no seu traballo como polas rúas. Por ese motivo tanto ela coma a asociación Nos mesmas decidiron convocar a manifestación.

Sara conta co apoio do concello de Cambados. Dende o goberno local advirten que non tolerarán ningún comportamento que atente contra a igualdade e a liberdade das persoas.

A colaboración de Sara e o concello non vai a quedar só aquí. Ambas partes xa traballan en máis actos e mobilizacións para concienciar á sociedade para que se acepte e se respecte ás persoas transxénero.