Portos aforrou no último ano un 64 % no mantemento eléctrico

    PONTEVEDRA> Portos de Galicia aforrou nos últimos 12 meses ata un 60 % no mantemento das instalacións eléctricas dos 122 portos galegos de titularidade autonómica. Ante este resultado da adxudicación do mantemento por lotes; en breve farán o mesmo co mantemento das propias infraestructuras aboiantes.

    Portos de Galicia leva dous anos experimentando ca xestión por lotes do mantemento das instalacións eléctricas dos seus portos. A adxudicación do contrato de mantemento único saíu a subhasta en sete lotes e xa está a dar uns resultados máis que satisfactorios. O promedio de aforro nestes últimos doce meses ascende ó 64 % . A posta en marcha deste servicio supuxo o mantemento regular de canalizacións, cadros xerais, acometidas, alumeados e dispositivos dos 122 portos galegos de titularidade autonómica; amais dunha maior celeridade e menor custe nas súas reparacións. Ante a constatación de tal aforro no gasto, este ente dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar vai a implantar este sistema de contrato único de mantemento tamén para os pantaláns e infraestructuras aboiantes.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/30/portos2.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/30/balance_enerxia_presidente_portos.mp4{/flowplayer}