OUTES> Os bos resultados acadados na primeira edición foi unha das razóns que levou ó Concello a deseñar unha nova convocatoria deste concurso de tapas.
A cita desenvolverase en dúas fins de semana consecutivas. A primeira xa esta, os días 17, 18, 19.
Unha época do ano ademais na que se axuda a desestacionalizar as visitas á localidade ó tempo que se promociona o produto local de tempada.
Na proposta participan dez locais hostaleiros, dous máis que na edición anterior, non só da Serra, senón tamén do resto das parroquias.
No Freixo: O Taboleiro, Pepe do Coxo, Asador Albatros e A de Vila. No Cruceiro de Roo: Hostal Viña. Na Serra de Outes: Casa Amanda e John Turkey. En Santo Ourente: A Nosa Taberna. En Cando: Restaurante Fera e en Valadares: O Chouto.
Para elixir a mellor tapa do concurso, o local gañador terá que, ademais do veredicto do público, convencer a un xurado profesional que fará a sua valoración en base a creatividade, innovación, sabor e uso de produto local.
O custe da tapa será de dous euros. Ademais celebrarase un sorteo entre tódolos participantes no concurso para unha cea para dúas persoas valorada en 150 euros.