A Garda Civil investiga o uso de explosivos na pesca da sardiña

portosinpescaexplosivos_100.jpgPORTO DO SON> A investigación partiu dunha denuncia da confraría de Portosín tras escoitar detonacións na costa de Fisterra e na ría de Arousa.

Dende este martes, a Garda Civil do Mar investiga o emprego de dinamita para capturar sardiña na costa galega, tal e como denuncian dende a confraría de Portosín. A alarma saltou cando armadores de varios pósitos alertaron de varias detonacións na zona na Fisterra, onde están a traballar barcos de cerco da confraría de Camariñas. Malia que a Garda Civil do Mar desprazou dúas patrulleiras ata estas zonas, os axentes non conseguiron localizar restos de explosivos.

{flowplayer}barbanza/explosivossadinaportosin.flv{/flowplayer}

Non é a primeira vez que pesqueiros de Camariñas se vén involucrados na pesca con explosivos. Entre o 2007 e o pasado ano levouse a cabo unha operación que rematou con catro armadores detidos e a incautación de explosivos. Malia que a Audiencia Provincial de A Coruña os condenou a catro anos de cárcere, foron absoltos polo Tribunal Supremo por falta de probas. Con todo, Carreño considera que a implicación policial e xudicial é imprescindible para rematar con esta problemática.

Operación Avó

Cando está a piques de cumprise un ano da operación Avó na que se arrestaron máis dunha ducia de persoas nos portos de Vigo, Portonovo e Cangas relacionadas con esta práctica ilegal, dende a confraría de Portosín lamentan que hoxe en día se sigan utilizando, sobre todo, nas datas previas a San Xoán, debido a alta demanda de sardiña. Malia que son unha minoría, insistiu Carreño, prexudica a todo o sector.

O patrón maior asegurou que dende a confraría que el dirixe seguirán loitando para eliminar os explosivos do mar.

Redacción Barbanza