C. Crespo: “ A fusión de Concellos é unha posibilidade contra a crise”

OUTES> A fusión dos Concellos pode ser unha ferramenta máis para paliar a crise económica nos municipios galegos; pero antes diso, cómpre acometer…

{flowplayer}images/salnes/carlos_crespo_municipalidade.flv{/flowplayer}

… un estudio que analice a situación actual e prantexe a súa idoneidade en cada lugar. Esta é unha afirmación que comparten moi poucos alcaldes galegos, entre eles o rexedor outiense, Carlos López Crespo.

Para Crespo a clave na xestión dos Concellos neste tempo de crise pasa polo extremo control do gasto, do procedemento administrativo e dos ingresos. Tres medidas sinxelas, que correctamente aplicadas e controladas polos técnicos ou funcionarios precisos, podería dar grandes resultados, sen necesidade de chegar a adoptar outras medidas.

Polo de agora, recomenda agardar a que conclúa o estudio de diagnose que está a elaborar a Federación Galega de Municipios e Provincias, co beneplácito da Xunta, para coñecer a situación de partida. O Alcalde de Outes amósase tamén disposto a mancomunar servicios na ría de Muros e Noia co fin de aforrar custes. Un descenso nas facturas municipais ó que tamén se podería chegar actuando na contratación de servicios como unha central de compras.

Redacción Salnés