BOIRO> O presidente da Deputación da Coruña visita tamén Jealsa para mostrarlle o apoio da institución á empresa tras o incendio. Un apoio que tamén lle trasladou a voceira nacional do BNG que tamén pasou polas instalacións.
Valentín González destacou o esforzo que está a realizar a dirección de Jealsa e os seus traballadores para sacar adiante a empresa nestes difíciles momentos.
Despois de visitar as instalacións que a piques estiveron de quedar totalmente destruídas polas lapas, quixo mostrarlle o apoio da institución a unha das empresas referentes non só na comarca e na provincia, senón en todo o mundo, poñéndose á súa disposición ante calquera trámite para impulsar a súa reconstrución tras o incendio
Un apoio e ánimos á empresa que tamén trasladou o alcalde de Boiro.
Dende a dirección da empresa agradeceron as mostras de ánimo e apoio da institución provincial, que como tantas outra xente estes días, está a arroupar a empresa nestes difíciles momentos.
BNG
Tamén esta mañá visitaba as instalacións de Jealsa a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. Acompañada da deputada, Rosana Pérez, e outros responsables da formación a nivel local e comarcal, aproveitou a visita para trasladarlle persoalmente á dirección da conserveira o apoio do BNG nestes difíciles momentos polos que está a atravesar.
Pontón puxo en valor a profesionalidade dos servizos de extinción e solicitou tamén a máxima implicación de tódalas partes para que esta empresa recupere a normalidade canto antes.