O Grove levará ó pleno a construción do centro de día

    centrodia copia100.jpgO GROVE> A corporación tamén se reuniu onte co redactor do PXOM para adaptarse ás novas regras impostas polo POL.

    {flowplayer}images/salnes/REUNION_PXOM_GROVE.flv{/flowplayer}

    O proxecto inicial, presentado polo concello no 2009, contemplaba a construción dun centro de saúde e dun centro de día nunha parcela de 5 mil metros cadrados. Despois de negociar coa Xunta, o goberno autonómico rexeitou esta posibilidade, obrigando a reducir a edificabilidade do espazo. Esta dificultade e a falta de financiamento da Xunta para o ambulatorio, fan que o concello opte polo centro de día.

    A pesares de que o alcalde meco asegurou que a nova situación non foi ben recibida pola oposición, a súa intención é levar o proxecto ó vindeiro pleno para a súa aprobación.

    Tamén onte, oposición e goberno reuníronse para abordar as novas regras para a redacción do PXOM, despois de que a Xunta aprobara o 9 de febreiro o Plan de ordenación do litoral. Segundo Cacabelos, no POL áreas do casco urbano como Porto Meloxo, a avenida de Portugal ou A Graña, figuran como de protección paisaxística. As alegacións do concello para que fosen consideradas competencia do PXOM, foron rexeitadas.

    O alcalde asegurou que nun mes o concello presentará un informe de avaliación ante a Consellería de Medio Ambiente, documento imprescindible para a aprobación do PXOM. A resposta podería retrasarse ata tres meses, tempo no que seguirán a traballar sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal en cuestións como a delimitación da malla urbana do Grove e o establecemento da súa rede viaria.

    Redacción Salnés