Sanxenxo presume de gastronomía nunha completa edición do ‘Sanxenxo degusta Tapas’

SANXENXO> O Sanxenxo degusta Tapas sigue medrando. 26 establecementos van partircipar este ano nesta proposta gastronómica, que acada a súa décimo quinta edición. A cita, organizada polo concello de Sanxenxo, vaise celebrar dende esta venres a ata o 7 de xuño. As tapas terán un prezo único de 4 euros.

Cita gastronómica en Sanxenxo a partir deste venres. Ata o día 7 de xuño volve ao municipio o Sanxenxo degusta Tapas. Trátase dunha proposta impulsada polo concello que acada xa a súa décimo quinta edición e que non deixa de medrar. Esta ano volven aumentar o número de locais participantes, acadando os 26.

Todas elas serven para poñer en valor o bo facer da gastronomía local. O certame divídese en dúas categorías: tradicionais e creativas.

As tapas teñen un prezo único de 4 euros. As persoas poderán votar polas súas favoritas

Optando a distintos premios…

Ademais, este ano, o Sanxenxo degusta Tapas trae unha novidade: vaise premiar ás mellores tapas das dúas modalidades con 300, 200 e 100 euros para mercar produtos de proximidade nas prazas de abastos de Sanxenxo e Portonovo.