Comezan as obras de humanización na rúa Atalaia en Corrubedo

    RIBEIRA> O executivo local informou do comezo das obras de pavimentación e instalación de servizos da rúa Atalaia, na parroquia de Corrubedo. Con esta nova iniciativa, cun investimento de máis de 56 mil euros, o equipo de goberno continúa a liña iniciada hai varios anos de cara á humanización e acondicionamento do casco histórico des núcleo. As obras, que tamén afectan a un tramo de Rocapellón e a unha vía transversal que conecta as dúas rúas, está sendo executada pola empresa Río Sieira, S.L..