A Garda Civil detén ó presunto atracador de bancos

    detencion_catoira copia.jpg CATOIRA> C.L.G., veciño de Catoira de 42 anos, está acusado de ser o suposto autor de catro asaltos a entidades bancarias, o último, hai uns días en Valga.

    O Grupo de Patrimonio da Unidade Orgánica da Policía Xudicial de Pontevedra vén de deter en Catoira a unha nome de 42 anos que responde ás iniciais C.L.G., como presunto autor de catro atracos en entidades bancarias, a última, hai apenas dous días en Valga. O apresamento produciuse no seu domicilio, onde os axentes se incautaron da arma que empregaba para intimidar ás súas vítimas, a perruca, as luvas e a roupa que empregaba para camuflar a súa identidade ó cometer os roubos. O procedemento era sempre o mesmo. Entraba na entidade bancaria a primeira hora da mañá, no momento de abrir ó público, dirixíase ó empregado da oficina e esixíalle que lle entregase os cartos. Unha vez se facía co botín, fuxía a pé do local. Nos catro roubos que se lle imputan fíxose cun total de 14 mil euros.

    A ‘Operación Cairel’, como se bautizou a esta investigación, comezou en febreiro do ano pasado, tralo asalto a unha oficina do Banco Gallego en Caleiro, Vilanova. A este atraco seguiulle unha sucursal de Novacaixagalicia e outra en Valga así como a sucursal de Banesto en Pontecesures. Segundo informa a Garda Civil de Pontevedra, o detido conta con numerosos antecedentes e detencións por feitos similares. O home foi trasladado xa a dependencias policiais e a causa instrúea o xulgado número dous de Caldas de Reis.

    Redacción Salnés