SANXENXO> Manuel Otero foi elixido presidente do comité electoral, encargado da confección da lista. Polo momento, non teñen candidato.
{flowplayer}images/salnes/FRANCISCO_VILLAVERDE_ASEMBLEA.flv{/flowplayer}
O ex edil popular, Francisco Villaverde é o novo presidente da Agrupación Liberal de Sanxenxo, formación que agrupa a un numeroso colectivo de críticos co PP local.
A directiva tamén contará con Jaime García como tesoureiro e con Marcos Cacabelos coma secretario. Villaverde destacou que o seu partido está ó servizo dos veciños e que o seu valor fundamental é a xente que o compón.
Así mesmo, a proposta de Villaverde, Manuel Otero Pombo foi elixido coma presidente do comité electoral que será o encargado da confección da lista coa que concorrerán ós comicios de maio. Unha candidatura coa que pretenderán, segundo Pombo, cambiar o modelo de xestión.
Polo momento non teñen candidato pero xa confesaron que Villaverde non vai ser o cabeza de lista ó ser o presidente da formación.
Unha vez que a lista estea confeccionada terá que ser ratificada pola asemblea.
Redacción Salnés