![]()
VILAGARCÍA> A empresa Fandicosta xestionará as instalacións frigoríficas do Porto. O Consello de Administración …
… da Autoridade Portuaria autorizou na súa reunión desta semana a transmisión a Fandicosta dunha concesión no peirao de Comboa. Ata a data o titular destas instalacións era a firma Frigorífico Puerto de Arosa, SL (Friporto). O Consello autorizou a subrogación da concesión transmitindo ó novo concesionario tódolos dereitos e obrigas que ata agora tiña Friporto, polo que a súa concesión queda extinguida.
Fandicosta é unha empresa con sede en Domaio-Moaña, dedicada á elaboración e envasado de peixe conxelado. A firma dispón na actualidade de máis de 30 referencias no mercado. A empresa é provedora de varias das grandes superficies máis importantes de España e exporta os seus produtos a diversos países de Europa.
De acordo coa documentación presentada pola firma no Porto de Vilagarcía, o seu proxecto para as instalacións do peirao de Comboa céntrase en tres liñas mestas: os servizos frigoríficos, a distribución, e a manufactura de derivados de produtos pesqueiros (concretamente, pota e capturas de palangreiros).
Segundo indica a Autoridade Portuaria, a posta en funcionamento dunha das cámaras frigoríficas farase en breve prazo, estando previsto que se poidan habilitar novos espazos e instalacións en función das necesidades e posibilidades da empresa.
Redacción Salnés







