Boas sensacións no primeiro día da campaña da centola

    fotocentolacopia.jpgGROVE> Cumpríronse as expectativas, o que está considerado como o rei dos mariscos, chegou ás lonxas en abundancia. O punto negativo, os prezos.

    {flowplayer}images/salnes/AperturaCampanaCentolas.flv{/flowplayer}

    Cumpríronse as expectativas, e os prognósticos que apuntaban a un bo inicio da campaña da centola finalmente foron certos. Hoxe, o que está considerado como o rei dos mariscos, chegou ás lonxas e fíxoo en abundancia. O punto negativo, como ven sendo habitual, os prezos.

    Case todos acadaron eses topes que están en 35 quilos por mariñeiro e outros 35 máis por embarcación. Así é que para ser o primeiro día non había queixa. 

    En canto a calidade a satisfacción era aínda maior, todos asegura que se atopan en moi boas condicións e que agardan que se manteña así durante toda a campaña.

    Moitos, mesmo aseguraban que de seguir nesta liña se podería superar a calidade do ano pasado.

    E malia a satisfacción inicial, os temores de tódolos mariñeiros estaban postos nos prezos. Lonxe de pensar nos acadados anos atrás, cando podía chegar ós 40 euros, conformábanse con bastante menos.

    Finalmente a primeira parada estivo en 13.75, haberá que agardar para ver como evoluciona ó longo da campaña.

    Redacción Salnés