O BNG quere pararlle os pés ó PP nos concellos

    david_otero100.jpgSANXENXO> O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, apoiou onte á noite a presentación da candidatura de David Otero.

    {flowplayer}images/salnes/bng_sanxenxo050311.flv{/flowplayer}

    SANXENXO> O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, apoiou onte á noite a presentación da candidatura de David Otero por Sanxenxo. Unha candidatura que os nacionalistas aseguran está formada por xente unida e decidida, con honradez e capacidade de traballo, e na que se pode confiar.

    Guillerme Vázquez asegurou que o BNG é a única forza política en disposición de ‘pararlle os pés ao PP nos concellos’. Recalcou que ‘a grande prioridade do BNG nos concellos será contribuír a reactivar a actividade económica e a creación de emprego’. O portavoz nacional insistiu no compromiso do BNG con Galicia fronte a outras forzas que están do lado do Estado ou da Banca inda que non beneficie ós galegos.

    Pola súa parte o candidato á Alcaldía de Sanxenxo, David Otero, indicou como principais compromisos do BNG, a aposta pola promoción de vivenda pública, e pola creación dun Consello Económico Municipal para reflotar a economía local. Tamén se comprometeu a aumentar as prazas publicas da gardería e a presionar á Xunta para construír dous novos centros educativos en Vilalonga e Dorrón.

    Redacción Salnés