250.000 euros en vendas e 11.500 papeletas a sorteo

    comercio_vilanova.jpg VILANOVA> É o balance da campaña ‘As compras na túa vila teñen premio’, que pechou o sábado coa actuación da eurovisiva Lucía Pérez. 

    {flowplayer}images/salnes/COMERCIO_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    ‘Teño Saudade’, a ‘Cantiga de Camariñas’… a eurovisiva Lucía Pérez fixo este sábado as delicias do público vilanovés. O concerto estaba incluído na programación da campaña ‘As compras na túa vila teñen premio’, e o certo é que o reclamo da cantante e o sorteo dos tres mil euros en tarxetas agasallo foron motivos máis que suficientes para que a carpa habilitada na praza do concello se enchera ata a bandeira.

    María Josefa Mollinedo e Ana García foron as afortunadas ás que lles tocou cadanseu cheque agasallo por valor de 300 euros. Pero os premios non quedaron aquí. Outras 24 persoas marcharon para a casa con tarxetas de compra valoradas en 100 euros. En total entraron no sorteo 1.500 papeletas.

    A campaña para incentivar as compras en Vilanova foi promovida Federación Galega de Comercio en colaboración coa Federación pontevedresa, a Dirección Xeral de Comercio, Novacaixagalicia e Vilanova Centro.

    Redacción Salnés