![]()
CAMBADOS> A vila organizou un ano máis o seu concurso que ten como protagonista este doce tan típico do Entroido.
{flowplayer}images/salnes/CONCURSO_FILLOAS_CAMBADOS.flv{/flowplayer}
Co Entroido, poucos doces teñen tanto protagonismo nas mesas galegas como a filloa. Por iso, dende hai anos Cambados dedica unha tarde destas datas a buscar as mellores. Un concurso no que este ano participaron oito filloeiros de todas as idades.
O mellor sabor e a maior cantidade, son as dúas categorías que se premian. Pero para conseguir algún destes recoñecementos, as filloas terán que convencer a un esixente xurado, contento co nivel deste ano.
Leite, ovos e fariña, son os ingredientes básicos para facer unha filloa común, pero non quixemos perder esta oportunidade para preguntar ós expertos o segredo para conseguir a mellor filloa.
Redacción Salnés






