Hoxe cociñaron eles

    actosdiadamuller.jpgRIBEIRA> Novas Xeracións decidiu conmemorar o Día Internacional da Muller cunha orixinal iniciativa, baixo o lema ‘Hoxe cociñan eles’.

    {flowplayer}barbanza/actosdiadamullerribeira.flv{/flowplayer}

    Moitos veciños de Ribeira que este martes desfrutaban da xornada festiva achegáronse ata a praza Otero Goyanes, nas inmediacións da igrexa, guiados polo arrecendo a tortilla.

    Exemplo a seguir

    Os cociñeiros era varios voluntarios, todos homes, que decidiron sumarse á iniciativa promovida por Novas Xeracións para agasallar ás mulleres nesta data tan sinalada. Con este acto de corresponsabilidade pretenden facer visible unha realidade que debería se-la cotiá en moitos fogares.

    Os homes afanáronse a conciencia entre os fogóns. O esforzo tivo recompensa en forma das saborosas tortillas das que deron boa conta os numerosos veciños que, sobre todo, a partir do mediodía se achegaron ata esta cociña improvisada en plena rúa.

    Ademais dos pinchos de tortilla repartiron dípticos informativos sobre os dereitos da muller e as propostas desta formación xuvenil encamiñadas a promover a igualdade de xénero.

    Redacción Barbanza