![]()
CALDAS> Este é o compromiso que adquiriu esta mañá o director xeral do IGAPE na reunión co comité de empresa da planta.
{flowplayer}images/salnes/NovidadesClesa.flv{/flowplayer}
O comité de empresa de Clesa reuniuse esta mañá en Santiago cos directores xerais do IGAPE para tratar de acadar o apoio das institucións para garantir a actividade da planta e así o mantemento dos postos de traballo.
O compromiso que acadou este organismo, dependente da Consellería de Economía e Industria, non foi firme por formar parte a empresa dun grupo nacional. Pero ó que sí se comprometeu o IGAPE foi a estudiar rigurosamente os proxectos que presenten os empreseraios galegos e a apoiar todos aqueles que resulten viables.
Na reunión dixeron ademais ter constancia do interese de algúns empresarios galegos en concreto por esta planta. Tamén dixo a presidenta do comité de empresa que polo de agora non teñen noticias sobre o concurso de acreedores aínda que supoñen que serán unha das empresas afectadas.
Continuando ca procura do apoio político, mañá o comité de empresa da factoría reunirase cos portavoces de Industria, Traballo e Medio Rural do grupo parlamentario socialista.
Todo isto coincide ademais co momento no que o xulgado de instrucción número 54 de Madrid acordou abrir un xuízo oral contra un dos fillos do propietario de Nueva Rumasa, Ruíz Mateos, por un presunto delito de estafa, a raíz dunha querela interposta polos propietarios da inmobiliaria Gestesa.
Redacción Salnés








