Apoio das corporación locais contra ás gaiolas de salmón

apoiocorporacionsalmon_100.jpgMUROS-NOIA> As confrarías e agrupacións de mexilloeiros da ría Muros-Noia  pediron o respaldo dos concellos presentando escritos para a súa aprobación en pleno.

As confrarías e agrupacións de mexilloeiros da ría Muros-Noia continúan na procura de apoios no rexeitamento á colocación de dúas gaiolas de cría de salmón no polígono C de Muros. Deste xeito, pediron o respaldo dos seus respectivos concellos na comarca presentando escritos para a súa aprobación en pleno. Así no concello de Noia, o seu alcalde Rafael García Guerrero, xa manifestou que a súa formación política votará a favor da proposta da confraría.

{flowplayer}barbanza/apoioconcellosgaiolassalmon.flv{/flowplayer}

O mandatario noiés sinalou que está convocada unha reunión de portavoces para analizar a situación e determinar a convocatoria dun pleno extraordinario. Tamén a agrupación local do BNG en Noia solidarízase cos colectivos de mariñeiros e mariscadores mostrando o seu rexeitamento á instalación destes viveiros de cultivo industrial.

Pola súa banda, o PSOE de Muros presentou unha iniciativa plenaria para instar a Consellería do Mar a resolver desfavorablemente a instalación dos viveiros por seren prexudiciais para a ría e por non ter en conta a opinión dos traballadores do mar.

No concello de Outes o seu rexedor Carlos López Crespo e no de Muros, o alcalde Domingos Dosil coincidiron en sinalar que antes de pronunciarse recabarán toda a información relativa as consecuencias de instalar estes viveiros de cría de salmón na ría.A mesma conclusión chegaron na corporación local de Porto do Son, tras unha reunión de portavoces para analizar o asunto.

Redacción Barbanza