SANXENXO> Sanxenxo acolleu a presnetación do proxecto SANA, cuxo obxectivo é a mellora da oferta de deportes de natureza para persoas con discapacidade. Nace da colaboración de Francia, España e Portugal. No noso país os encargados de levalo a cabo serán AGAN+ e COGAMI.
Na rexión francesa de Finisterre naceu o proxecto SANA, co obxectivo de mellorar o acceso ós deportes ó aire libre ás persoas con discapacidade e aplicalo en toda Europa.
Dende Francia buscaron alianzas en diferentes países, encontrando resposta en Portugal e en España. No noso país os encargados do proxecto serán Agan+ e COGAMI que hoxe firmaron en Sanxenxo a súa colaboración.
O motivo polo que presentaron este proxecto en Sanxenxo é porque a vila arousá é un exemplo na vela adaptada grazas ó esforzo entre o Club Náutico de Sanxenxo e COGAMI. Dende a empresa móstranse contentos pero consideran que aínda queda moito traballo
O proxecto basearase en tres piares: Creación dun caderno de cargas para informar ós establecementos deportivos de como facerse accesibles, desenrolar unha maleta pedagóxica, un selo para as persoas que queiran ter un achegamento as persoas con discapacidade e finalmente un evento no que acuda unha delegación de cada zona para probar todas as medidas adoptadas.