En marcha as obras que aumentarán a capacidade de abastecemento de auga de Noia

NOIA> Xa están en marcha as obras de ampliación da Estación de Tratamento de Auga Potable de Noia. A actuación, cun orzamento próximo ó millón e medio de euros, permitirá modernizar a instalación e aumentar a capacidade ata unha poboación de 24 mil habitantes.

Hai unha semanas comezaban as obras na ETAP de Noia que está a executar a empresa Espina Obras Hidráulicas.

Os traballos, que se executarán nun prazo de seis meses, consistirán na instalación dun pretatamento completo, dúas bombas somerxibles e a automatización do proceso. Executarase ademais unha nova liña de lodos e un bombeo de recirculación para a desinfección así como a reforma do circuíto hidráulico e da instalación eléctrica.

Unha vez finalizada a obra, case se duplicará a capacidade de abastecemento pasando de 15 mil a 24 mil habitantes.