![]()
VILAGARCIA> O mantemento do corpo de voluntarios de Protección Civil de Vilagarcía será prioritario no programa electoral co que a candidatura…
{flowplayer}images/salnes/proteccion_civil_vilagarcia_pp.flv{/flowplayer}
… que lidera Tomás Fole se presente as vindeiras eleccións municipais. Así llo fixo saber esta mesma tarde, nunha visita ás instalacións que este equipo ten no peirao vilagarcián. Fole volve a poñer sobre a mesa este tema que afecta directamente ás prestacións sociais neste Concello. Promete que en caso de gañar a alcaldía o vindeiro 22 de maio buscará o financiamento onde sexa mester para sacar adiante este colectivo, que ó seu entender leva 4 anos menosprezado polo executivo local.
Os 40 voluntarios desta agrupación fixéronlle saber de primeira man cal serían as súas principais necesidades para levar a cabo en condicións o seu traballo altruísta de axuda ó cidadán.
Redacción Salnés








