Técnicos agardan unha mingua do 40% na colleita global de Rías Baixas

    estragos_floracioncopy.jpgSALNÉS> A climatoloxía inestable das últimas semanas, coincidindo coa fase da floración, foi o que propiciou esta situación. No sector o reciben con certo .

    {flowplayer}images/salnes/ESTRAGOS_FLORACION.flv{/flowplayer}

    Superada xa a floración, os viñedos da DO Rías Baixas están en plena fase de callado dos acios. Por iso toca facer balance de como superaron as plantas a etapa pasada. Segundo os técnicos caracterizouse por ser larga e tardía motivado polas condicións climatolóxicas rexistradas nas últimas semanas. Condicións que ademais favoreceron a proliferación do mildeu e que tamén conseguiron condicionala colleita deste ano.

    E estamos a falar dunhas cantidades que xa son irrecuperables, explicounos Guillermo. As choivas e a humidade das últimas semanas o que propiciaron, en moitos casos, foi o aborto da flor co que isto supón: redución do número de acios efectivos que imos ter finalmente e diminución do peso que poida ter cada un deles.

    Esta mingua da produción vai supor, segundo as previsións deste técnicos, unha baixada en quince millóns de quilos de uvas a produción global da DO Rías Baixas con respecto á campaña pasada.

    Aínda que nun principio podería ser unha mala nova, no sector o reciben con certo alivio. Axudará, entre outras cousas, a reducilos problemas de stocks que hai nestes momentos nas adegas.

    Máis aínda, para este técnico esta circunstancia a temos que ver coma un punto de inflexión que ten que servir ó sector para reconducila situación de cara a evitar colleitas históricas como as do ano pasado.

    Redacción Salnés