Os afectados polas lista de agarda chaman á mobilización social na súa primeira reunión en Vilagarcía

VILAGARCÍA> Cansos de agardar polas súas consultas médicas, un grupo de afectados está poñendo en marcha unha plataforma coa que pretenden denuncia-las demoras na sanidade pública galega.

Esta mañá reuníronse en Vilagarcía, nun encontro aberto. Din que aínda teñen por diante moito traballo para constituírse como colectivo, pero salientan que o máis difícil xa está feito.

Santiago leva un ano agardando por unha consulta en oftalmoloxía. Joaquín, nove meses por unha consulta por unha anxina de peito.

Fartos de enfrontarse a situacións como estas, este grupo de afectados decidiu impulsar unha plataforma, para denuncia-las longas listaxes de agarda na sanidade pública.

Esta mañá reuníronse por primeira vez en Vilagarcía, coa intención de loitar contra o que consideran unha inxustiza.

Ese colectivo vai agora camiño de facerse realidade. Hoxe mantiveron un encontro aberto, no que analizaron a creación duns estatutos e debateron sobre a súa denominación definitiva. Fan un chamamento á implicación de toda a sociedade. Explican que o problema das listas de espera é unha cuestión que afecta a todo ó mundo.

No colectivo agradecen o interese amosado polo Concello de Vilagarcía. Tiveron xa dúas xuntanzas co goberno local e hoxe puideron reunirse no Auditorio Municipal. Iso si, cargan contra a Xunta polo seu desleixo e denuncian que a sanidade pública galega está nun dos seus peores momentos.

Na plataforma queren tamén recoñece-la implicación persoal do deputado socialista Julio Torrado. O vilagarcián anunciou que porá en contacto este grupo de afectados cumpla asociación semellante que xa está en marcha en Santiago.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí