Ravella lanza a web ‘Invest in Vilagarcía’ para atraer novas empreas á vila

VILAGARCIA> Vilagarcía busca reactivar a súa economía co lanzamento da web “invest in Vilagarcía”. Unha plataforma coa que atraer a novas empresas para instalarse ou investir na vila. A páxina mostrará toda o potencial económico de Vilagarcía e ofrecerá asesoramento ás novas empresas.

O concello de Vilagarcía traballa cos representantes dos diferentes sectores económicos da vila para paliar os efectos provocados pola pandemia da Covid. Dende a vila lanzan un programa baseado en 7 puntos e cun investimento de un millóns de euros. Dentro desas liñas atópase “Invest in Vilagarcía”. Unha web coa que o concello busca atraer novas empresas.

A web incorpora unha oficina virtual que ten dúas funcións, a primeira delas é identificar as empresas potencias para instalarse en Vilagarcía.

A outra consiste en asesorar e axudar ás novas empresas a instalarse na vila.

A web inclúe todo tipo de información interesante para as novas empresas. Datos como o número de habitantes durante todo o ano na vila e na comarca ou información das empresas do municipio e dos seus éxitos.

O concello continuará dialogando cos sectores económicos para levar a cabo máis iniciativas que axuden a reactivar a economía e a evitar que ningún negocio se quede atrás.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí