NOIA> A actuación conta cun orzamento de 335 mil euros. A maior parte deles serán achegados pola Deputación da Coruña e a cantidade restante irá con cargo a fondos propios do Concello.
Un total de dezaseis empresas presentaron as súas ofertas ó proceso de licitación das obras de instalación dun novo sistema separativo de augas pluviais e residuais nas rúas Outonil e Vista Alegre. segundo informou o alcalde, Santiago Freire, a súa adxudicación realizarase en breve, unha vez que os técnicos municipais valoren tódalas ofertas presentadas.
Segundo o alcalde trátase dunha obra moi demandada, que virá a mellorar tamén a seguridade viaria na zona.
O orzamento da actuación achégase ós 335 mil euros, dos que ó redor duns 320 mil serán achegados pola Deputación da Coruña e a cantidade restante irá con cargo a fondos propios do Concello.