Máis de 500 maiores reúnense no Xantar de Confraternidade de Boiro

BOIRO> Máis de 500 persoas déronse cita este mediodía no pavillón de Barraña para asistir ó Xantar de Confraternidade da Terceira Idade de Boiro. Ademais das autoridades locais e representantes de toda a comarca, o evento contou coa presenza do presidente da Deputación da Coruña.

Un ano máis, os maior de Boiro viviron o seu día grande co Xantar de Confraternidade. O grande éxito desta cita fixo que o concello habilitara cen prazas máis no pavillón de Barraña para acoller ós 550 comensais.

Ademais do alcalde e concelleiros da corporación, asistiron ó evento representantes doutros concellos, como o alcalde de Rianxo, e o presidente da Deputación da Coruña quen destacou a gran achega dos maiores para facer de Boiro un municipio dinámico e puxante.

Tralos discursos os asistentes disfrutaron dun menú composto por tres marisco, peixe, carne e sobremesa. A xornada alongouse ata ben tarde co baile amenizado por Mar Davila.