Un home de 74 anos ferido trala colisión entre dúas motocicletas

    ACCIDENTE_VILANOVAcopy.jpgVILANOVA> O alcance produciuse na estrada que une Vilanova e Vilagarcía. Todo apunta a que se produciu por un despiste.

    {flowplayer}images/salnes/ACCIDENTE_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    O accidente produciuse preto das once e media da mañá á altura da gasolineira da estrada que vai desde Vilanova ata Vilagarcía.

    Ambas motocicletas circulaban en dirección á capital arousá, cando por causas aínda descoñecidas, o home de setenta e catro anos e veciño de Vilanova, alcanzou por detrás ó outro ciclomotor, pilotado polo carteiro do municipio. Desde Protección Civil, sinalaron que todo apunta a que se produciu por un despiste.

    Aínda que nun principio o 112 mesmo mobilizou ó seu helicóptero, finalmente non se tivo que facer uso deste servizo. No lugar atopábase unha patrulla da Garda Civil, Protección Civil de Vilanova, e unha ambulancia do 061.

    O carteiro non sufriu danos pero o ancián, coma consecuencia da caída, dislocou un ombro e sufría unha fractura aberta nun cóbado. Todo, segundo o diagnóstico inicial.

    O home de setenta e catro anos foi trasladado ó instante ó Hospital do Salnés.

    Redacción Salnés