![]()
VILAGARCÍA> Os alumnos de Educación Secundaria de tódolos centros do municipio disputaron un torneo baixo o lema, “Panos Brancos contra a Droga”.
{flowplayer}images/salnes/TorneoPanosBrancos.flv{/flowplayer}
Esta é a terceira edición deste torneo “Panos Brancos contra a Droga”, en el participan os catro institutos vilagarciáns e tamén os dous colexios que contan con Educación Secundaria. Case cento cincuenta rapaces de entre 12 e 16 anos ós que se pretende ofrecer alternativas saudables nas que investir o seu tempo.
Sentar as bases o mellor posible para que os mozos teñan as armas precisas para rexeitar as drogas. Non hai que esquecer que a idade de comezo do consumo de drogas é cada vez máis baixa, situándose ó redor dos 13 anos se nos referimos ó alcohol ou ó tabaco.
Os actos de Panos Brancos son itinerantes e cada ano a Fundación Galega contra o Narcotráfico pono en marcha nunha cidade de Galicia, pero ademais, este torneo de Vilagarcía está xa consolidado e vai pola súa terceira edición.
Redacción Salnés








