PONTEVEDRA> Despois das críticas xeradas tras a implantación da telemedicina nos centros de Atención Primaria de Galicia, o Sergas quixo aclarar hoxe o funcionamento deste servizo. Ademais, a directora da atención primaria da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés explicou tamén o protocolo que se levará a cabo na vindeira campaña de vacinación da gripe.
A telemedicina avanza no Sistema Galego de Saúde. Aínda así, dende o Sergas quixeron aclarar hoxe que a Atención Primaria continúa aberta e accesible para toda a cidadanía. Neste sentido, a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés traballa para mellorar os fluxos de acceso nos centros de saúde. Para conseguilo, os profesionais están tratando de reorganizar o traballo dos equipos de persoal de servizos xerais e administrativos. Ademais, está área está dotando tamén de máis recursos a aqueles espazos onde se precisa.
O vindeiro 13 de outubro arrancará en Galicia a campaña de vacinación contra a gripe. Neste eido, e co obxectivo de evitar aglomeracións, dende o Sergas fan fincapé na importancia de pedir citas previa.
Aínda que a campaña de vacinación da gripe iniciarase o vindeiro 13 de outubro, o sistema de citas previas poñerase en marcha o día 6.