Miguel Anxo Fernández Lores e Luciano Sobral, a piques de comezar un novo mandato

PONTEVEDRA> Mañá decídese o futuro dos Concellos da nosa contorna, aínda que cos acordos de goberno de última hora parece que non haberá grandes cambios. Miguel Anxo Fernández Lores, en Pontevedra, e Luciano Sobral, en Poio, continuarán ao fronte dos correspondentes gobernos municipais. Iso si, nesta ocasión, será co apoio doutros partidos.

Día da Investidura, día decisivo para os gobernos municipais. Mañá decidirase o futuro alcalde tanto de Pontevedra coma de Poio. Aínda que parece que está todo xa decidido. Nin Miguel Anxo Fernández Lores nin Luciano Sobral queren baixarse do carro. En Pontevedra, non haberá moitas sorpresas. O BNG seguirá gobernando grazas aos 11 concelleiros alcanzados nas pasadas eleccións municipais. Iso si, nesta ocasión precisará do apoio do Partido Socialista. Un apoio que xa se plasmou co acordo de goberno que onte asinaron Lores e Tino Fernández. Deste xeito, Lores continuará ao fronte da alcaldía de Pontevedra, por sexto mandato consecutivo.

Un máis estará Luciano Sobral ao fronte de Poio. Por sétima vez, o BNG gobernará neste Concello. Aínda que o fará cun tripartito. O PSOE e Avante Poio déronlle xa o seu apoio e, polo tanto, o Partido Popular, a pesares de ser a lista máis votada con 8 concelleiros, continuará na oposición catro anos máis. Os plenos de investidura serán mañá, ás 12.00 horas en Pontevedra e a 13.00 horas en Poio.