A feira cabalar recupera o espírito máis tradicional do San Marcos

 NOIA> A feira cabalar celebrarase o día 25 como acto central das festas de San Marcos. Ademais das competicións e do concurso de pura raza , esta cita supón a recuperación dunha tradición popular. s .

{flowplayer}barbanza/presentacionfeirasanmarcos.flv{/flowplayer}

Xunto coas de Padrón, Tui e Mondoñedo, a feira cabalar de Noia é unha das máis importantes citas equinas de Galicia. O día 25 ás nove e media da mañá abriranse no recinto de San Lázaro as inscricións para os distintos concursos morfolóxicos tanto de pura raza como de cabalos cruzados.

Un ano máis, a feira noiesa acollerá diversas probas puntuables para a Decimo quinto campionato galego de andadura. A recuperación da andadura supón a posta en valor disciplina ancestral galega, tarefa na que leva anos traballando a Federación Hípica de Galicia.

Durante toda a xornada desenvolveranse tamén exhibicións de cabalos e espectáculos de doma. Haberá tamén unha escola infantil de monta de poni para os máis pequenos. A entrega de premios terá lugar pasadas as dúas da tarde e oscilarán entre os 120 e os 30 euros nas distintas categorías.

Redacción Barbanza