O Pazo de Vista Real abre as portas a Vilanova

    Vvistareal copia100.jpgILANOVA> Dende onte, numerosos veciños achegáronse ata o Pazo para pasear polo seu entorno.

    {flowplayer}images/salnes/PAZO_VISTA_REAL_PUBLICO.flv{/flowplayer}

    O Pazo de Vista Real abriu onte as súas portas ós veciños de Vilanova. Dende entón, xa foron moitos os que se decidiron a pasear polo terreo de catro hectáreas que rodea a casa, e desfrutar da sombra dos camelios, magnolios e laranxos, ou coa vista dos viñedos e dos edificios que compoñen o importante complexo señorial.Un fermoso entorno co que os veciños amosáronse encantados.

    Hai só uns meses que o Pazo de Vista Real é propiedade do concello vilanovés, despois de que o goberno local o conseguira por algo máis dun millón de euros nunha subhasta da Axencia Tributaria. Deste xeito, o concello recuperaba un importante patrimonio para o pobo que durante os anos 90 pertenceu ó clan de narcotraficantes dos Charlín.

    Agora o goberno local traballa para instalar na finca un centro de día e outro de formación, proxectos que xa contan co apoio da Xunta de Galicia e co beneplácito dos vilanoveses.

    Establo, hórreo, fontes, charcas en pedra ou unha capela completan o encanto da finca da que poderán desfrutar os veciños. A casa central permanecerá pechada ó público durante un tempo, mentres Patrimonio intenta recuperar a vella estrutura desfeita polo clan dos Charlín.

    Redacción Salnés