RIBADUMIA> A Xunta destinou máis de 350.000 euros nos últimos cinco anos a melloras de camiños rurais no concello de Ribadumia. As últimas actuacións con achegas do goberno galego tiveron lugar nas parroquias de Leiro, Sisán e na de Ribadumia. En total, seis proxectos que recibiron axudas por un importe de 40.000 euros.
Este é un dos seis camiños rurais nos que vén de actuar o concello de Ribadumia nos últimos meses. Houbo melloras nas parroquias de Leiro, Sisán e Ribadumia. En conxunto, a Xunta destinou uns 40.000 euros a estas actuacións, a través do Plan de Infraestruturas Rurais.
Segundo indica o alcalde, as melloras responden ás demandas dos propios veciños. David Castro fala de obras ‘necesarias’ tendo en conta que melloran o acceso a terreos agrarios e viñedos. Unha opinión que comparte tamén o delegado da Xunta en Pontevedra, que hoxe tamén visitou as obras.
Entre o Plan de Infraestruturas Rurais e o Plan Marco de Camiños Rurais, a Xunta destinou ao concello de Ribadumia máis de 360.000 euros nos últimos 5 anos.