![]()
CAMBADOS> As mellores paisaxes e monumentos do Salnés a golpe de acuarela atópanse recollidos nun libro, co que se pretende difundir os lugares máis fermosos das nosas vilas, dende outra óptica distinta.
As súas praias, os seus muíños, e os seus os rincóns… os sitios máis representativos do Salnés debuxados en acuarela polo artista Eduardo Baamonde recóllense no libro “O Salnés en acuarelas”.
Con esta iniciativa a Mancomunidade do Salnés continúa apostando pola difusión e promoción dos concellos que conforman a comarca do Salnés.
Uns 850 exemplares compoñen a primeira edición deste libro, que estará a disposición de todo aquel que queira coñecer o Salnés dende outra perspectiva, nas librerías da zona, por un custe de 16 euros.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/11/salnes_acuarelas _600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/11/salnes_acuarelas.mp4{/flowplayer}






