Silva, ‘satisfeita’ co traballo feito no Salnés dende que é presidenta da Deputación

O SALNÉS> Máis de 96 millóns de euros de investimentos na comarca do Salnés. Ese é o balance que fai a Deputación de Pontevedra da súa xestión dende que Carmela Silva chegou á presidencia, no ano 2016. A socialista destaca o impulso de máis de 500 proxectos en tódolos concellos da comarca, a través dos distintos plans impulsados pola Deputación. Tamén salientou o medio cento de actuacións na comarca en estradas de titularidade provincial.

Dende o ano 2016 ata hoxe, a Deputación de Pontevedra investiu na comarca do Sanlés máis de 96 millóns e medio de euros. É o principal dato do balance presentado esta mañá pola presidenta provincial dise ‘satisfeita’ co traballo feito ata o de agora na comarca.

Carmela Silva salienta os proxectos postos en marcha en tódolos concellos da comarca, a través dos disintos plans da Deputación. Máis de 500 obras co Plan Concellos e outros 12 grandes proxectos co DepoRemse e o Plan de Reequilibirio. Feito, di Silva, con criterios obxectivos, cun reparto xusto entre tódolos concellos.

A presidenta destacou tamén as actuacións executadas na rede viaria provincial da comarca. Na lista de proxectos pendentes, Carmela Silva marca como prioritario a creación do GES do Grove. Confía en chegar a un acordo coa Xunta axiña, despois de anos de bloqueo.

Silva quixo recoñecer o esforzo dos concellos na loita contra a pandemia, asumindo competencias impropias e gastos extraordinarios. Nese sentido, critocou a falta de apoio da Xunta á administración local á que, dixo, o goberno galego destinou 0 euros para asumir tarefas contra a covid.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí