O SPAD da un paso para a integración no SERGAS

    fotospadcopia.jpg VILAGARCÍA> A reforma do edificio do Servizo Preventivo Asistencial ós Drogodependentes permitiu integrar a unidade de saúde mental no centro.

    {flowplayer}images/salnes/SpadVilagarcia.flv{/flowplayer}

    Esta obra serviu para mellorar as instalacións do edificio, e permitiu trasladar ata aquí a Unidade de Saúde Mental que antes se atopaba na rúa Gumersindo Nartallo.Dende o SPAD valoran moi positivamente esta centralización.

    A alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García visitou esta mañá o centro, e puido comprobar de primeira man o resultado das obras de mellora. Estivo acompañada tamén polo concelleiro de sanidade, Álvaro Carou e a concelleira de deportes, Victoria Hierro.

    O proxecto contou cun orzamento de 400.000 euros. O investimento foi feito pola Xunta de Galicia, a través dun convenio que xa asinara o goberno bipartito.

    O arquitecto municipal explicou nesta visita, que o obxectivo fundamental da obra foi mellorar as instalacións sen transformar a esencia do edificio, que ten máis de 80 anos de historia.

    Espacios adicados ós tratamentos de drogodependencias, saúde mental ou áreas de relaxación son algunhas das zonas que se transformaron para tratar de dar un mellor servizo ós usuarios do centro.

    Redacción Salnés