Adegas de Sanxenxo unidas para crear un bonos con visitas

    SANXENXO> Turismo de Sanxenxo inicia as conversas coas 15 adegas do concello para crear uns bonos que inclúan visitas guiadas ás instalacións. Dende a corporación pretenden sumar un atractivo máis para todos os visitantes que chegan á vila e así impulsar o turismo.

     

    Hoxe tiña lugar a primeira reunión conxunta dos adegueiros do concello de Sanxenxo co edil de turismo e a súa técnica para tratar de aportar ideas a iniciativa que dende a corporación queren presentar antes de que comece o verán: uns bonos regalo que incluirán unha visita polas adegas con cata. 

    Na reunión os adegueiros puideron explicar os seus puntos de vista acerca de cómo facer posible eses bonos nos que xa saíron ideas como a dunha ruta polas diferentes adegas ou a da creación dun mapa que inclúa outros puntos de interese no que unir ao enoturismo o sendeirismo. Entre os empresarios a proposta tivo unha gran acollida.

    A partir deste momento comezan a tomar forma as distintas propostas e dende o concello esperan que para o verán poidan ter dispoñible xa eses bonos con visita.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/03/xuntanza_adegas_sanxenxo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/03/xuntanza_adegas_sanxenxo.mp4{/flowplayer}