Os temporais obrigan a Sanxenxo a recuperar o cauce natural do río da praia de Areas

SANXENXO> Os temporais dos últimos meses deixaron a súa pegada nas praias de Silgar e Areas, en Sanxenxo. Os dous areais terán que ser obxecto dunha recuperación ambiental. A máis afectada é a praia de Areas, onde a forza do mar cambiou o curso do seu regato, afectando á zona de dunas.

Os temporais deste inverno mudaron a fisionomía desta praia de Areas, en Sanxenxo. O cambio máis evidente é o curso do regato, que corta o acceso á praia.

O acceso da praia está cortado polo cambio do curso do río. Agora, queren devolve-lo río á súa saída habitual, para que a xente poida entrar na praia. Ao mesmo tempo, vaise recupera-la duna, afectada polo río.

A forza do vento obrigou tamén a retirar esta torre de vixilancia que ía ser arrastrada polo mar. O temporal tivo tamén o seu efecto en Silgar.

A previsión para Silgar é facer esta intervención no mes de maio. No caso de Areas, o concello está á espera do visto bo de Costas, confiando en que sexa a demarcación provincial a que se encargue de acometer estes traballos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí