O Sisto de Solobeira avanza na posta a punto do seu centro social

VILAGARCIA> O alcalde de Vilagarcía visita a Asociación O Sisto de Solobeira. Alí, acaban de facer obras grazas a unha achega municipal. En concreto arranxaron a terraza da fachada principal que, dende hai tempo, xeráballes problemas de filtracións e humidades. O colectivo aproveita para reclamar máis melloras para a zona, como a creación dunha pista polideportiva.

Son moitas e variadas as actividades que acolle a Asociación O Sisto de Solobeira nestas instalacións. Un inmoble que pertence ao colectivo e que pouco a pouco van renovando e adaptando ás novas necesidades. A última das intervencións centrouse na mellora desta terraza que, dende hai tempo, xeráballes problemas de filtracións e humidades.

O Concello aportou a esta intervención 12.000 euros. O alcalde apunta a que máis alá do coidado da rede de centros municipais, é obriga do goberno local apoiar tamén o tecido cultural que non depende do concello.

A asociación apunta que ten pendentes outras moitas necesidades no seu local e tamén na contorna.

O alcalde, que se reuniu coa directiva acompañado de varios concelleiros, comprometeuse a estuda-las súas peticións.  

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí