O Plan Umia busca rematar coa proliferación de cianobacteria

    planumia copia100.jpgSALNÉS/ULLA/UMIA> A Xunta presentou esta mañá en Pontevedra un conxunto de actuacións destinadas a mellorar o estado do río Umia.

    {flowplayer}images/salnes/PLAN_UMIA.flv{/flowplayer}

    Segundo Augas de Galicia, a acumulación de nitróxeno e fósforo é a principal responsable da proliferación de cianobacteria. Co Plan Umia, a Xunta buscará reducir ata nun 50% esta concentración a través de actuacións en catro eixos.

    Entre as actuacións máis urxentes, o plan recolle unha alternativa para o abastecemento do concello de Caldas, principal afectado pola bacteria. A medida pasa pola mellora da estación potabilizadora con puntos de captación independentes do río, aínda que o Conselleiro negou calquera responsabilidade do encoro na aparición da cianobacteria.

    O alcalde caldense, Juan Manuel Rey, amosou a súa satisfacción coa reforma, que responde ás reclamacións feitas dende o concello. Sen embargo, o plan non recolle a petición de ampliación do leito do Umia, unha acción que podería saír igualmente adiante.

    Cuntis será o outro concello beneficiado directamente polas medidas recollidas no Plan Umia. Neste caso, coa reforma da súa rede de saneamento.

    O plan contará cun orzamento de 22 millóns de euros para o período 2011-2015.

    Redacción Salnés