A ILLA> A arte será a protagonista esta semana na Illa de Arousa co festival “O Mar nunha Flor”. A programación comezou hoxe coa inauguración de dúas exposición e coa obra de teatro “unha noite na praia” que está a ter lugar nestes momentos. A obra que abriu o festival foi “Intercambios del no lugar” das artistas Ruth Vidal e Laura Pérez.
A Illa de Arousa respirará arte por tódalas súas rúas esta semana coa celebración do festival “O Mar nunha Flor”. Un evento organizado polo concello, Uxía e Carlos Blanco e que este ano celebra a súa quinta edición. Obras de teatro, música e arte, son algunhas das actividades que se poderán gozar na vila estes días. O festival inaugurouse coa exposición “Intercambios del no lugar”.
O festival mestura artistas mozos, como é o caso das creadoras da obra inaugural, e outros consagrados como Carlos Blanco, Touriñán, Uxía ou Budiño.
Ruth Vidal e Luara Pérez son as creadoras da exposición “Intercambios del no lugar”. Unha obra baseada nos lugar abandonados, aqueles polos que pasamos sen prestar atención.
A programación continuará ata o sábado 10. Día en que terán lugar diferentes actuacións no auditorio da Illa e se homenaxeará a Zeca Afonso.