Arousa Norte aposta por unha maior formación dos empresarios turísticos

BOIRO> A Mancomunidade Arousa Norte organiza en novembro dous seminarios destinados ó sector turístico do Barbanza.  O obxectivo destes cursos é mellorar a comunicación dixital dos operadores turísticos.

O primeiro deles desenvolverase na confraría da Pobra e abordará a xestión da comunicación dixital. A outra das propostas, centrada no desenvolvemento de destrezas e habilidades persoais, terá lugar no viveiro de empresas de Boiro.

Ademais da importante aposta pola formación, a mancomunidade traballa noutras iniciativas para impulsar o sector turístico nos catro concellos. xa está en proceso de elaboración unha páxina web que recollerá a axenda cultural de toda a comarca dando conta dos diversos eventos que acollerá cada un dos concellos do Barbanza.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí