Pecha a campaña marisqueira máis curta da historia de Noia

NOIA> A campaña marisqueira de Noia chegou hoxe á súa fin tan só 10 días despois do inicio. O balance é aínda peor do agardado xa que a escaseza de marisco de tamaño comercial obrigou á agrupación de mariscadores a tomar a decisión de paralizar a actividade. Pretenden así non poñer en risco a futura campaña e preservar a cría que si se observa en abundancia.

A confraría traballa agora na solicitude de axudas para que os mariscadores fagan fronte a este parada temporal. A este respecto, xa lle trasladaron ó Conselleiro do Mar a necesidade de flexibilizar os criterios para o seu cobro co fin de que poidan chegar a tódolos afectados.

Na actualidade, o ISM esixe que se acredite un mínimo de 12 meses de alta na seguridade Social nun prazo de dous anos. Condición que algúns mariscadores non cumpren posto que a duración da campaña de Noia non se prolonga máis alá de seis meses.