O Porto cede a explanada anexa ó Ramal para aparcamento público

    consello_porto100.jpgVILAGARCÍA> O Porto permitirá o uso público e gratuíto da explanada anexa ó peirao do Ramal para o aparcamento de vehículos durante as obras do tren a Ferrazo.

    {flowplayer}images/salnes/CONVENIO_ESTACIONAMENTO_RAMAL.flv{/flowplayer}

    O Consello de Administración da Autoridade Portuaria deu o seu visto bo á firma dun convenio de colaboración co Concello, que se encargará de acondicionar a parcela para ese uso.

    O asunto abordouse nas diferentes reunións de coordinación que mantiveron nos últimos meses entre a presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco e o alcalde Tomás Fole. Trala aprobación por parte do Consello, queda pendente agora a firma por parte do rexedor e da presidenta do Porto.

    En canto ás obras, a vindeira semana asinarase o contrato coa empresa adxudicataria e farase o replanteo técnico. A finais de xuño ou principios de xullo iniciaranse os traballos, empezando pola rúa Valle Inclán, onde se eliminará o muro que separa o tráfico portuario do cidadá e onde se habilitarán dous carrís de circulación.

    O prazo de execución das obras é de dez meses, e nesta primeira fase que arranca agora estenderase o trazado ferroviario desde O Ramal ata as radas Comercial e Comboa.

    A presidenta do Porto informou tamén ó Consello de Administración do balance de tráficos, que rexistrou ata maio un incremento de caso o 40 por cento, con respecto ó mesmo período do ano anterior. A maior suba deuse na mercancía xeral, pero tamén nos graneis líquidos e nos sólidos.

    O total de toneladas movidas entre xaneiro e maio deste ano foi de 417.429, fronte ás 299.752 do mesmo período do ano pasado. Sagrario Frnaco manifestou ós membros do Consello que ‘espera que esta tendencia positiva se manteña nos vindeiros meses’.

    Redacción Salnés