ETILÓMETRO EN CAMBADOS

    A policía local do Concello de Cambados recibía tamén esta mañá o etilómetro do que xa lles falamos a semana pasada. Un aparello homologado que axudará ó corpo policial nos controis de alcoholemia.

     

    O concello de Cambados vén de investir case dez mil euros na compra dun etilómetro homologado polo Centro de Meteoroloxía Español. Uns técnicos especialistas amosábanlle esta mañá ós policías municipais do concello cambadés o seu funcionamento. A tenente de alcalde, Rosa Oubiña, ofreceuse como voluntaria para probar o etilómetro, un aparello que, en principio, estará nas dependencias da Policía Local e servirá de complemento ó alcoholímetro.

     

    O etilómetro entrará en funcionamento a partir da vindeira semana.